jueves, 29 de abril de 2010

Cuestionario acerca dos virus


*** Feito en parella cunha compañeira ***

1- Cales son os síntomas que amosa un ordenador cando foi atacado?

A simple vista, pode resultar realmente difícil detectar a presenza dun virus ou similares no ordenador. O mellor é ter un bo antivirus actualizado.

Porén, existen certos síntomas que delatan a existencia dun virus, como poden ser:

- En primeiro lugar, a lentitude coa que repentinamente funciona un ordenador pode ser consecuencia directa da acción dun virus ou debida a outros motivos, coma problemas relacionados coa rede ou por un conxunto de programas que traballan ao mesmo tempo.

- Cabe recordar que unha das acción máis temidas dos virus é a eliminación masiva de arquivos. Polo tanto, unha das razóns da imposibilidade de abrir certos ficheiros ou de traballar con algúns programas pode ser debido a que un virus os eliminara. De feito, a desaparición de ficheiros e carpetas é un dos efectos máis comúns dos virus.

- A aparición en pantalla de mensaxes con carácter agresivo, absurdo, jocoso e, en definitiva, que non son habituais, son sinais claras que amosan que o noso ordenador atópase infectado.

- Outro síntoma habitual e de moita importancia é a diminución da capacidade de memoria e do espazo en disco, facendo moi difícil gardar un arquivo ou utilizalo con normalidade, debido a alteracións no seu tamaño, na súa fecha de creación, etc.

2- Explica coas túas palabras os seguintes termos que resumen os ataques que pode sufrir un ordenador:

- Malware: É un software que se infiltra no sistema operativo co obxetivo de danar o ordenador sen coñecemento do dono e con varias funcións.

- Virus: É un programa que altera o funcionamento do ordenador sen o coñecemento do usuario, é dicir, que se replican e se executan por sí mesmos.

- Troyano: É un software malicioso que se infiltra no sistema e que permite o acceso remoto doutro usuario, quen pode ejecutar accións sen permiso.

- Gusano: É un malware que ten a propiedade de duplicarse a sí mesmo e utiliza as partes automáticas do sistema opertativo invisibles ao usuario.

- Spyware: É un programa que se instala furtivamente no ordenador e que recopila información sobre as accións que se fan nel.

- Cookies: É un fragmento de información que se almacena no disco duro do visitante dunha página web a través de su navegador, a petición del servidor de la página. Esta información puede ser luego recuperada por el servidor en posteriores visitas.
- Adware: É un programa que se executa automáticamente, mostra ou baixa publicidade web ao ordenador despois de instalar un programa ou mentres se está utilizando a aplicación.
- Hijackers: É o robo por parte dun atacante (xeralmente de información) de conexión de rede, páxinas web, etc.
- Hackers: É una persona que pertence a unha destas comunidades:

Xente apasionada pola seguridade informática.

Entusiastas programadores e diseñadores de sistemas orixinada nos sesenta.
A comunidad de aficionados a la informática doméstica de despois dos setenta.
Pero na actualidade é una forma de referirse aos criminais informáticos.

- Spam: Son correos non solicitados, non desexados ou de remitente descoñecido.
- Hoaxes: Noticia falsa, un intento de facer crer a un grupo de personas que algo falso é real.
- Phishing: O estafador, coñecido como phisher, faise pasar por unha persoa ou empresa de confianza nunha aparente comunicación oficial electrónica, polo común un correo electrónico. Intenta adquirir información confidencial de forma fraudulenta.


No hay comentarios:

Publicar un comentario