jueves, 15 de octubre de 2009

Como insertar fotos e vídeos en Blogger

Ben, para poder insertar unha imaxe no noso blog, primeiro temos que facer clic na opción de "Nueva entrada". A continuación, apareceranos un recadro con varias opcións como o título da entrada, tipo de fonte, etc. Existen tamén dúas opcións, a de "Añadir imagen" e a de "Añadir vídeo".
Primeiro, se o que queremos é insertar unha imaxe, facemos clic en "Añadir imagen". Temos dúas opcións, subir a foto desde o PC ou desde a súa URL da Internet. No meu caso, vouna introducir desde a seguinte URL:


Tamén podemos elexir cousas como a
alineación da foto e o seu tamaño. O resultado sería este:
Para esta foto elixín un tamaño grande e a orientación centrada.

Agora vamos a subir un vídeo. Para facelo, vamos a Youtube, buscámolo e, cando teñamos xa o vídeo que queremos poñer no noso Blog, copiamos a dirección que en Youtube nos dan no recadro de "Insertar", e a copiamos na nova entrada. No mesmo Youtube podemos elexir tamén outras opcións como a cor do borde e o tamaño. Quedaría algo semellante a esto:


Para este vídeo, elixín un borde de cor verde e o tamaño máis pequeno.

No hay comentarios:

Publicar un comentario