jueves, 17 de diciembre de 2009

Gimp (2): Fotomontaxe e "Pop Art"

Dende hai unhas semanas ata o final desta 1ª Avaliación seguimos traballando co Gimp, en concreto realizando unha fotomontaxe e creando a partir dunha foto o efecto "Pop Art". Aquí van os meus traballos:
Alguén colouse entre toda esta xente...recoñecédelo?


A partir dunha das famosas fotos de Albert Einstein, creei un "Por Art" ao que lle quixen dar un efecto un tanto abstracto extendendo a cor da cara polo fondo da imaxe.

Espero que vos gustaran os meus traballos e que atopárades á personaxe oculta tras aquela marabunta de xente...Despídome así ata o ano que ven. Un saúdo a todos e Bo Nadal.

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Gimp: Ferramenta de clonado

Un novo traballo con este programa, esta vez utilizando a ferramenta de clonado. Elixín para modificar unha foto do famoso Obelisco da cidade de Bos Aires, na Arxentina.



Despois de tratala no Gimp...

Retoque de imaxes no Gimp

Segundo traballo neste programa, esta vez utilizando a ferramenta de retoque de imaxes:

ANTES

DESPOIS

Iniciación ao Gimp

Primeiro traballo con figuras xeométricas no programa de manipulación de imaxes Gimp:

martes, 3 de noviembre de 2009

Diario de...A Web 2.0

Este é o traballo en conxunto do meu grupo sobre a Web 2.0. Espero que vos guste.

lunes, 26 de octubre de 2009

jueves, 15 de octubre de 2009

Como insertar fotos e vídeos en Blogger

Ben, para poder insertar unha imaxe no noso blog, primeiro temos que facer clic na opción de "Nueva entrada". A continuación, apareceranos un recadro con varias opcións como o título da entrada, tipo de fonte, etc. Existen tamén dúas opcións, a de "Añadir imagen" e a de "Añadir vídeo".
Primeiro, se o que queremos é insertar unha imaxe, facemos clic en "Añadir imagen". Temos dúas opcións, subir a foto desde o PC ou desde a súa URL da Internet. No meu caso, vouna introducir desde a seguinte URL:


Tamén podemos elexir cousas como a
alineación da foto e o seu tamaño. O resultado sería este:
Para esta foto elixín un tamaño grande e a orientación centrada.

Agora vamos a subir un vídeo. Para facelo, vamos a Youtube, buscámolo e, cando teñamos xa o vídeo que queremos poñer no noso Blog, copiamos a dirección que en Youtube nos dan no recadro de "Insertar", e a copiamos na nova entrada. No mesmo Youtube podemos elexir tamén outras opcións como a cor do borde e o tamaño. Quedaría algo semellante a esto:


Para este vídeo, elixín un borde de cor verde e o tamaño máis pequeno.

miércoles, 14 de octubre de 2009

¡Benvidos!

Esta é unha entrada de proba para ver como funciona o blog, do curso 09-10 da asignatura de TIC's do IES Sofía Casanova.
De momento, déixovos cunha foto dunha preciosa guitarra, miña gran aficción.